Rolán, Emilio

1185795227rolna,_emilio
Rolán, Emilio

Emilio Rolán Mosquera, nado na Guarda en 1935 é un médico e biólogo especializado en malacoloxía.

Licenciado en Medicina e Cirurxía en 1960 pola Universiadade de Santiago de Compostela, foi médico interno da cátedra de pediatría e puericultura da Facultade de Medicina de Santiago en 1962, desempeñando o cargo de médico axudante de clases prácticas de pediatría durante o curso 1961-62 en dita facultade.

En 1963 obtén en Madrid o título de Médico puericultor do Estado e, en 1964, o de Especialista en pediatría e puericultura.

Entre outros cargos, foi médico pediatra do antigo Seguro Obrigatorio de Enfermidade, desde 1966, exercendo, entre outros lugares, no concello da Pobra do Caramiñal, despois foi xefe do Servizo de Pediatría do Instituto Social da Mariña, en Vigo, desde 1974 a 1985, e xefe do Servizo de pediatría do Hospital Povisa, de Vigo, desde 1978 até 1999.

Como docente, foi profesor asociado de Ciencias da Saúde (PACS) da Facultade de Medicina de Santiago desde 1989 a 1996, profesor titular da Escola Universitaria de Enfermaría de Vigo da materia Metodoloxía da investigación, no curso 1992-93, e de Enfermaría infantil, desde 1993 até 2003.

As súas obras

Guía dos moluscos de Galicia
moluscos
esgotado