Doutor en Filoloxía e profesor de ensino secundario. Realizou estadías de investigación na British Library e na Senate House Library de Londres.
Entre os seus traballos destacan os dedicados a John Keats, Darío Xohán Cabana (en colaboración con Luis Calvo), Miguel Hernández, Emilia Pardo Bazán, Tirso de Molina, Miguel de Cervantes, Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro e Fiz Vergara Vilariño. Escribiu, entre outras iniciativas, o poemario Déixame ancorar… (2012), A peito descuberto: Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño (2012), baixo o selo da Asociación Cultural Xermolos, ou a selección e estudo do poeta de Lóuzara, Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética (2019), publicado en Editorial Galaxia.