(Ourense, 1996). Cursou estudos de Dereito e Ciencias Políticas —especializándose nesta disciplina no eido da historia do pensamento político—, e estudos de posgrao en Historia Contemporánea, na especialidade de Historia Política e dos Nacionalismos. Desenvolve o seu labor investigador ao abeiro do grupo Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA), con especial atención aos eidos da historia dos nacionalismos, as identidades, o pensamento político, a historia das institucións e as personalidades.
É autor de artigos académicos sobre o nacionalismo galego, a dereita española, os nacionalismos en España, o Couto Mixto e a fronteira galego-portuguesa, e personalidades destacadas na historia política: Vicente Risco, Ramón Piñeiro, Joan Fuster, Jordi Pujol e Manuel Fraga, entre outros.