
Naceu en Ourense en 1985. Desde cativa amosou grande interese pola lectura, que foi desenvolvendo grazas aos exemplares que collía da biblioteca municipal do seu barrio e do bibliobús que visitaba o seu colexio. Influenciada por unha das súas mestras, animouse a escribir pequenos relatos, escollendo o galego pola súa sonoridade. En 2001, cursando 4º da ESO, participou no concurso Entre Nós, da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e acadou o 3º premio de poesía e o 3º premio de relato curto. Facendo realidade o seu soño, realizou os estudos de Mestra de Educación Primaria na Universidade de Vigo, que ampliou coa licenciatura en Psicopedagoxía. Ademais, ao tempo, formouse como monitora de Ocio e Tempo Libre, desenvolvendo parte da súa faceta creativa como contacontos e animadora. Actualmente exerce como Mestra de Educación Primaria, sendo a vida cotiá co alumnado fonte de inspiración para esta a súa primeira novela