Naceu en Curtis en xullo de 1907 e morreu en Madrid en xuño de 1997. Foron case noventa anos dunha vida dura e militante. Casada co médico Manuel Calvelo, un destacado alumno do doutor Nóvoa Santos, militou no PCE ata que a expulsaron por cuestionar a dirección. O matrimonio foi condenado a morte polos militares golpistas, aínda que só foi asasinado Manuel. Isabel, tras pasar sete anos en cárceres franquistas, marchou á Arxentina cos seus dous fillos. Tras fuxir doutros dous golpes militares, na Arxentina e Chile, volveu a España poucos días antes da morte de Franco.