Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933 e finado na mesma vila o 7 de agosto de 2019, foi un profesor e político galego.
Marchou aos Estados Unidos en 1958. Foi profesor da Universidade de Nova York. Xubilado en 1992, retornou a Galicia. Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Redondela nas municipais de 1995. En 1996 promoveu unha moción de censura contra o alcalde socialista Xaime Rei e foi elixido alcalde. Foi tamén deputado provincial e deputado de Cultura. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Recibiu a Medalla Castelao en 1993.
Publicou Eduardo Pondal (1981), Estética poética de Eduardo Pondal (1985) e Castelao, propagandista da República en Norteamérica (2000).