É Catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidad de Santiago. Directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005). Responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography. Foi Directeur d’études en Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en París nos anos 2004-2005. Dirixe desde 1992 doce proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional; na actualidade dirixe o proxecto titulado A cultura letrada no Noroeste peninsular na Edade Moderna: do oral ao escrito, como continuación doutro anterior –Da Cultura oral á escrita. Libro, lectores e lectura na Galicia do Antigo Réximen-, nos que colaboran profesores das Universidades de Santiago e Coruña; ambos financiados polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. É autora de once libros e de más de cen artígos sobre diversos temas -demografía histórica, historia rural, historia social-, nos últimos anos adícase á historia cultural e en especial ao estudo dos conductos de difusión da cultura, mostra desto son dos de sus libros: A Galicia Clásica e Barroca (Editorial Galaxia, Vigo, 1998) e Libros e lectura en Galicia, siglos XVI-XIX (Xunta de Galicia, Santiago, 2003).