Xornalista e coruñesa. Pasou a súa infancia entre estacións de tren, como boa filla de ferroviario, sempre cun libro na man. O seu gusto polas palabras levouna cara a filoloxía e a súa curiosidade polo mundo ata o xornalismo. Exerceu a maior parte da súa carreira profesional nos xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe, onde se especializou en comunicación cultural, social e política. É membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e premio de xornalismo Mañé i Flaquer polos seus traballos de comunicación local.