R. Figueiredo, Anna

anna-r-figueredo-diego-seixo
R. Figueiredo, Anna

Naceu en 1979 en Ourense. É doutora en física pola Universidade de Sheffield e leva traballando no ensino galego desde o 2019. A docencia é un xeito de ver a vida que considera nos conecta coa evolución das novas xeracións e dá unha perspectiva diferente do cotiá. Porén a súa actividade docente céntrase máis nas materias relacionadas coa matemática e coa física.

Ten colaborado en publicacións xornalísticas con artigos de opinión relacionados coa literatura e coa docencia. Entende que o pensamento racional precisa da creación para poder avanzar e por iso emprega a literatura como canle comunicadora para entender e representar o mundo, na constante dúbida que enxerga o propio proceso de diálogo. Unha teima e necesidade constate de creación e investigación que nunca abandona. Deste xeito ten participado activamente en obradoiros de innovación docente e de creación e proxección cultural como o FLIV20 (Festival virtual da literatura galega- creadora xunto con Nacho Alonso de Fervenzas literarias) e asociacións a prol da cultura e creación literaria como a AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) da que é vicepresidenta.

A súa primeira novela _Os bicos feridos_, obtivo o I premio Viadutos de novela no 2018. Desde entón ten publicada a proposta divulgativa _A historia cóntana as vencedoras _ (2019) e ten participado no libro de relatos colectivo _O libro dos trens _(2020). _Obtivo_ tamén premios como o de Relato Curto de Mugardos (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Asemade ten guionizado banda deseñada para publicacións como BOOM ou BDBanda.

As súas obras

Os bicos feridos
os-bicos-feridos
24.40€ CON IVE