Pozo Garza, Luz

LUZ-POZO-420x220
Pozo Garza, Luz

Naceu en Ribadeo en 1922 e finou en abril de 2020. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo, e logo a Larache (Marrocos). Logo viviu durante bastantes anos en Viveiro. Fixo estudios de Música, de Maxisterio e de Filoloxía Románica, estes últimos na Universidade de Oviedo.

Desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.

É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse “Diálogos con Rosalía”.

Luz Pozo Garza é unha voz fundamental da poesía galega dende que publicou o seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral. Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.

No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, no 2009 recibiu o premio Ramón Piñeiro “Facer país” e en 2017 foi homenaxeada pola Real Academia Galega.

 

As súas obras

Tres poetas medievais da ría de Vigo
foto
esgotado