Elena Poniatowska (París, 1932) é unha autora mexicanca de ampla obra que desde sempre destacou polo seu compromiso político coas causas máis xustas. Ten recibido os galardóns máis importantes da literatura do seu país, entre outros o Premio Nacional de Periodismo en 1978, sendo a primeira muller que o recibía, o Premio Alfaguara de Novela en 2001 por La piel del cielo, o Nacional das Ciencias e das Artes en 2002 e o Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos, 2007 por El tren pasa primero.
Moitos dos seus libros están traducidos ao inglés, ao francés, ao alemán e agora, tamén, ao galego.
En 2013 recibiu o Premio Cervantes das Letras.