Pondal, Eduardo

Eduardo Pondal
Pondal, Eduardo

(Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917), “o bardo de Bergantiños”, foi unha das grandes figuras do Rexurdimento xunto con Rosalía e Curros. En 1848 trasládase a Compostela para cursar o Bacharelato e, entre 1854 e 1860, a carreira de Medicina, tempo en que se revelou como poeta.

Participou no Banquete de Conxo, que organizou con Luís Rodríguez Seoane e Aurelio Aguirre, que o vinculou cos ambientes rexionalistas e progresistas da época, e formou parte da Cova Céltica, faladoiro de intelectuais na librería coruñesa de Eugenio Carré Aldao, con Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Martelo Paumán e Urbano Lugrís.

Da súa obra destacan: “A campana de Anllóns” (no Álbum de la Caridad, 1862), Rumores de los pinos (1877), Queixumes dos pinos (1886) e Os Eoas (1992), entre outras.

As súas obras

Os eoas
9788411762014
19.50€ CON IVE