(A Coruña, 1966). Licenciada en Filoloxía Hispánica, é escritora e contacontos e imparte talleres de narración oral. O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico e de terror, así como montaxes musicais.
Entre as súas publicacións destacan Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de poesía Espiral Maior), O cuatro de Jane (2021, XV premio de poesía erótica Illas Sisargas), Oxalá estiveses aquí (Galaxia, 2016), No país do vento (2018), Estamos no verán!!! (Galaxia, 2012) e Andar aos biosbardos. (Galaxia, 2021), entre outros.