Pexegueiro, Alfonso

pexegueiro
Pexegueiro, Alfonso

Naceu en Angoares en 1948. Iniciou a súa actividade literaria en 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Fundador en 1980, xunto con outros autores, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño do 1985, ano no que marcha a vivir a Barcelona para voltar, no ano 2000, a Galicia. Da súa obra poética cómpre salientar o poemario Seraogna (1976), libro anovador considerado po algúns críticos como precursos dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega. Con Mar e naufraxio obtería o Premio da Crítica Galicia de 1978. En 1984 publicou A illa das mulleres loucas, reeditado por Galaxia en 2004. No eido da narrativa publica Relatos para salferir (1981) e Desatinos dun maldito (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con ¿Serán os cisnes que volven (1995) e Hipatia (1998).

As súas obras

A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE