Perucho, Joan

perucho
Perucho, Joan

(Barcelona, 1920-2003). É un dos autores máis sobranceiros da literatura catalana deste século. Deuse a coñecer como escritor en 1947 cun libro de poemas, pero o seu traballo literario abrangue todos os xéneros, cultivados por Perucho desde un enfoque orixinal e pouco atento ás convencións e ás modas.

Escritor curioso e imaxinativo, emparentado con Borges, Calvino e Cunqueiro, Joan Perucho é autor dunha obra que se interna en mundos míticos, fantásticos e intrahistóricos e na que destacan títulos como Diana i la mar morta, Llibre de cavalleries, Les històries naturals, Els balnearis, Monstruari fantàstic, Botànica oculta e Les aventures del cavaller Kosmas. Perucho obtivo algúns dos premios máis importantes no ámbito das letras catalanas, como o Ciutat de Barcelona de poesía e o Ramon Llull de novela.

As súas obras

Monstruario Fantástico
monstruario
15.90€ CON IVE