Perozo, Xosé A.

xose-antonio-perozo-antonio-seijas-gris
Perozo, Xosé A.

Escritor nacido en Llerena que vive en Galicia desde hai case medio século. Adoita escribir en galego e castelán, segundo lle apetece. Ten publicados moitos libros infantís, para a mocidade e para adultos porque a súa afección desde pequeno foi imaxinar historias e contalas. Agora vive de converter os seus soños en libros coma este. Di que perdeu a conta dos títulos publicados, uns setenta, e pode que sexa certo.
Tamén traballa como editor e nese eido planificou e dirixiu a enciclopedia Galega Universal, seguramente a derradeira editada en papel no mundo, nesta era de Internet. Tamén é xornalista. Traballou en periódicos, revistas, emisoras de radio, televisión e gabinetes de comunicación política durante máis de corenta anos. Unha chea de tempo. Tamén perdeu a conta de tantas cousas que fixo.

As súas obras

O enigma de Embívicus
o-enigma-de-embivicus
15.65€ CON IVE
O libro das avoas
9788491516323
10.20€ CON IVE
Historia do vampiro que perdeu os cabeiros
9788491518402
16.95€ CON IVE