Pereiro, Lois

lois
Pereiro, Lois

Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996) comezou a escribir aos 16 anos. Despois deses poemas iniciais, publicados a finais da década de 1970 na revista Loia, o poeta elaborou unha obra que foi reunida en dous libros: Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Tamén é autor da novela curta Náufragos do paradiso (1997) e, postumamente, publicáronse outros dous libros seus: Poemas para unha loia (1997) e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras do 2011 e, en certo modo, a súa decisión era sorprendente: aínda que Pereiro fose un dos poetas máis lidos da súa xeración, a súa obra permanecía ligada ao círculo dos heterodoxos e o seu recoñecemento dentro do canon literario resultaba máis ben simbólico. A elección, porén, serviu para sacar á luz unha poesía escintilante, forxada sobre unha consciente experiencia de aproximarse ao abismo da dor e do amor absoluto.

As súas obras

Náufragos do paradiso
nauf
13.80€ CON IVE
Antoloxía poética (Lois Pereiro)
antoloxia
13.10€ CON IVE