Pereiro Alonso, Román

Pereiro Alonso, Román

Román Pereiro Alonso, nado en Vigo en 1933, é un médico, fotógrafo, crítico de arte, coleccionista e escritor galego.

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1956, e ampliou estudos en Madrid e París, nos campos da citopatoloxía e a anatomía patolóxica.

Foi un dos principais promotores do Grupo Atlántica.

Dirixiu o museo do Real Club Celta de Vigo. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Cartografía procedente da súa colección exponse na Casa da Navegación de Baiona.

Publicou A batalla de Rande, mapas e gravados e Luz verde (catálogo da exposición fotográfica na Casa Galega da Cultura).

As súas obras

A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE