Manuel Pereira Valcárcel (Ouzande, A Estrada, 1955) reside en Madrid, onde traballa como mestre. Como poeta é autor de Poemas de cinza (1990), Todo morte (1998), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001), e Libro das viaxes (2003). No ano 2005 publicou Traxectos curtos, o seu primeiro libro en prosa.