Pasternak, Borís

Borís Pasternak
Pasternak, Borís

(Moscova, 1890-Peredelkino, 1960). Poeta, novelista e tradutor (Rilke, Verlaine e Shakespeare), foi unha das voces máis senlleiras da literatura rusa do século XX. 

Ademais de Doutor Zhivago, a súa primeira e única novela, salientan os seus poemarios A miña irmá a vida (1922) e O segundo nacimento (1931).

Morreu marxinado polas autoridades soviéticas despois de que o obrigasen a rexeitar o Premio Nobel de Literatura en 1958, e sen comprender que estas o tratasen como un inimigo, cando o seu único delito fora “mostrar ao mundo as belezas do seu país”.

As súas obras

Doutor Zhivago
9788411761857
34€ CON IVE