(Bembibre, O Bierzo, 1986). Coach para o impacto social e xornalista, con formación en terapia psicocorporal. O seu propósito é acompañar as persoas a conectar cos seus soños e coa valentía de camiñar cara a eles. É Fellow de Acumen, unha rede global de líderes do cambio. Ten ampla experiencia no terceiro e cuarto sector, foi responsable do departamento de comunicación da Fundación Vicente Ferrer na India e coordinadora da delegación de Cruz Vermella en Santiago, entre outros proxectos.
Colabora como docente de escritura e comunicación no ámbito universitario. Recibiu unha mención polo seu traballo xornalístico en materia de xénero no Premio de Xornalismo Xoven (Ministerio de Sanidade) e o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti (Ateneo de Santiago).