Outes Ruso, Xosé Luís

Xosé Luís Outes Ruso
Outes Ruso, Xosé Luís

(Santiago de Compostela, 1943). Licenciado en Ciencias Económicas na Universidade de Mainz, obtivo o doutoramento en Ciencias Económicas na Rheinisch–Westfälische Technische Hochschule (RWTH) de Aachen.

Catedrático xubilado da Universidade de Vigo, onde impartiu docencia de Macroeconomía e Comercio Internacional, creou e dirixiu o Observatorio Socioeconómico da Fundación Pro Vigo (OSEVA), do que foi director (1995-2010). Participou, entre outros, no Primeiro Plan Estratéxico de Vigo (1992) e no Plan Estratéxico da Provincia de Pontevedra (1998), deseñou o Observatorio Económico e Social para Galicia e o Norte de Portugal e dirixiu o proxecto, financiado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, sobre a Estructura Productiva del Sector Privado de Vigo y su Área de Influencia (publicado en 2001, 2003 e 2005).

Entre as súas publicacións poden citarse: Desarrollo económico en la India y la R. P. China (1982), Introducción a la teoría del crecimiento económico (1983), La crisis del sector naval y sus repercusiones en Galicia (1990), Estructura del gasto y financiación en la Universidade de Vigo (en colaboración, 1998).

As súas obras

Feixe de flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico
9788411763905
23.20€ CON IVE