O’Neill , Eugene

eugene
O'Neill , Eugene

Eugene O’Neill (Nova York, 1888-Boston, 1953). Escritor norteamericano, naceu en Nova York, onde coñeceu os segredos da produción teatral da man do seu pai, un afamado actor do teatro comercial. Estivo vinculado desde mozo ao teatro independente e á fonda renovación teatral que promoven os pequenos teatros en cidades como Nova York, nos que estrea as súas primeiras pezas.

Promotor da vaga realista que vai caracterizar a creación dramática dos Estados Unidos de América no século XX, tamén incorporou tendencias como o simbolismo, o expresionismo ou o drama psicolóxico cunha forte deriva social. Obtivo o Premio Pullitzer en catro ocasións e o Nobel de Literatura en 1936. Segue a ser, con Arthur Miller e Tennessee Williams, un dos autores máis celebrados e estreados da literatura dramática do seu país.

As súas obras

A Electra acáelle o loito
electra
22.00€ CON IVE