(Miño, 1988) é graduada en Lingua e Literatura Galegas pola USC. Conta con dous poemarios autoeditados: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). O seu poema “Anorak de pel de caribú”, incluído neste volume, mereceu o premio ARitmar de Mellor Poesía da Galiza 2021.
Campiona da Poetry Slam de Compostela, practica o spoken word para espallar a súa palabra e cre no verso como ferramenta de salvación e de loita.