Méndez, Oriana

oriana
Méndez, Oriana

Oriana Méndez (Vigo, 1984) comezou a facer públicos poemas no ano 2000 e máis tarde adheriuse ao grupo de acción política Redes Escarlata, colaborando no libro colectivo que o grupo publica en 2003: Xuro que nunca volverei pasar fame. Desde ese momento participa en recitais, publicacións colectivas de grupos como Burla Negra. No ano 2006 goza dunha bolsa Erasmus en París, en 2007 publícase en Galaxia o seu primeiro libro de poesía, Derradeiras conversas co capitán Kraft, en 2008 licénciase en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en 2009 realiza un Máster en Estudos Teóricos e Comparados. Continuou participando nalgunhas mesas redondas e encontros sobre poesía: III Encontro de Novos Escritores, ou a mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Ao tempo que colabora en proxectos de acción poética, coma A Revolta das Letras, en Santiago de Compostela, ten a oportunidade de desenvolver eventuais labores de crítica para a revista ProTexta.

As súas obras

Cero
cero
12.90€ CON IVE
Derradeiras conversas co Capitán Kraft
derradeiras
11.60€ CON IVE