(Ciego de Avila, Cuba, 1932 – Gres, Vila de Cruces, 2009). Filla de emigrantes ourensáns, estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 trasladouse a Buenos Aires, onde casou con Xosé Neira Vias en 1957, ano en que fundaron a librería-editorial Follas Novas, referente da cultura galega na Arxentina. Traduciu para o galego autores latinoamericanos como José Martí, Rubén Darío e Walt Whitman. En 1961 retornou a Cuba, onde publicou poesía, narrativa, teatro, obras de viaxes e biografías. En 1992 fixou a súa residencia en Galicia, acupándose da vicepresidencia da Fundación Xosé Neira Vilas. Entre as súas obras en galego destacan Mitos e lendas da vella Grecia (1983), Os contos do Compay Grilo (1984), A volta do Compay Grilo (1990), Pardela amiga (1990), A primeira aventura (1991), A casa dos títeres (1993) e A cama, a bolboreta e o paxariño (1998), entre outras.