Naceu en Barcelona no ano 1933. Exerceu distintos oficios, non sempre relacionados coa literatura, aínda que tamén foi redactor dalgunha pequena revista local. Escritor catalán, cultiva fundamentalmente o relato, e algunhas das súas novelas mereceron xuízos moi eloxiosos por parte da crítica. As súas narracións xuvenís están sempre cheas de humor e de intriga, utilizando a miúdo o recurso de situar na acción a personaxes da literatura universal, como sucede con esta novela.