Minhós Martins, Isabel

isabel-minhos-martins
Minhós Martins, Isabel

Naceu en Lisboa, en 1974, o ano da revolución do 25 de Abril.

Cando era pequena quería ser xornalista, arqueóloga ou pediatra. Non foi ningunha das tres, mais gústalle moito o que fai. «Para min, escribir é como escavar: encontramos sempre algunha cousa, ás veces miñocas, ás veces auga, pedras, raíces, túneles… un zapato perdido. Gústame escribir porque case sempre encontro cousas inesperadas. Gústame ler pola mesma razón: alguén escavou, escavou, escavou e encontrou algunha cousa que veu a amosar a través das palabras».

Estudou na Facultade de Belas Artes de Lisboa, traballou como creativa na área da comunicación para nenas e nenos e, máis tarde, cun grupo de amigos, fundou a editora Planeta Tangerina. Algúns dos libros que escribiu foron distinguidos por premios ou institucións ligados ao libro para a infancia: Catálogo White Ravens, Premio Andersen, Banco del Libro, Sociedade Portuguesa de Autores (2015), Gustav- Heinemann Friedenspreis (2017), Deutscher Jugendliteraturpreis (2017). Algúns dos seus libros están tamén publicados noutros países (Francia, Brasil, Corea, Inglaterra, Italia…). En 2018 foi unha das finalistas do premio norteamericano de literatura para nenos NSK Neustadt Prize 2019. En 2019 foi escollida como demandante pola DGLAB para o Premio Latino-americano SM de Literatura infantil e xuvenil.

As súas obras

Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE