Joaquim Micó naceu no barrio de CollBlanc, en Barcelona, no ano 1960. A súa biografía, aínda curta en anos, consiste en cambio nunha longa serie ininterrumpida de traballos variados, que van desde vendedor de libros e discos ata corredor de seguros, locutor de radio e pallaso de circo. Tamén foi representante de queixos e algunhas cousas máis. Como escritor deuse a coñecer escribindo guións de cómic, que firma co seudónimo de “Quimius”, e contos para nenos e rapaces. Obtivo xa varios premios literarios.