Menéndez, Luís

Menéndez, Luís

O xornalista Luis Menéndez naceu en Ourense en 1959. Comezou a súa carreira profesional en La Región. Despois de traballar en El Ideal Gallego e na Cadena Ser pasou á Televisión de Galicia. En 1982 recibiu o Premio Nacional Álvaro Cunqueiro por unhas reportaxes realizadas ó longo do Camiño de Santiago.

O seu nome e o seu rostro alcanzaron gran popularidade coa emisión en TVG de Galicia no mundo, un programa que se propuxo dar fe da vida dos galegos nos máis distintos lugares do planeta. Esa serie, pola que Luis Menéndez se fixo acreedor ó Premio Galicia de Xornalismo (1990) é a base do libro Toda a Terra é dos homes (1993). Posteriormente escribiu Vida e viaxes na Galeguidade (1997).

As súas obras

Toda terra é dos homes. Galegos no mundo
toda terra homes
20.00€ CON IVE