(Vigo, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión.
Na actualidade exerce de catedrático de Debuxo nun instituto público de Galicia. No ano 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento”. En 2020 obtivo o 3º premio no Certame de narracións breves Manuel Murguía polo texto titulado A herdeira, relato que se publicou no volume colectivo A garza en chamas. En 2021, publicou a novela Ana e as súas irmás e recibiu o premio de poesía Concello de Carral polo seu primeiro poemario, titulado Os puntos do impacto, ano en que tamén publicou o álbum ilustrado A encantadora de Serpes. En 2023, publicou a novela A luz nos teus ollos.