Mayorga, Juan

juan
Mayorga, Juan

Juan Mayorga (Madrid, 1965) estudou Matemáticas e Filosofía, obtendo o doutoramento nesta última disciplina en 1999 cun traballo sobre o pensado Walter Benjamin. Amais de profesor de Matemáticas, exerceu a docencia na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, na disciplina de dramaturxia. Tamén realizou diversos traballos como adaptador e dramaturxista.

Autor prolífico e cunha obra xa abundante, obtivo diversos premios entre os que destacan o Nacional de Teatro (2007), o Max ao mellor autor dramático (2006 e 2008) e o Max á mellor adaptación (2008). A súa obra foi traducida a diversos idiomas e estreada en Europa e América.

As súas obras

Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua
cartas
21.90€ CON IVE