(Ponteareas, 1976) é xornalista de vocación e profesión. Durante 18 anos foi o rostro dos informativos locais en Televigo, onde entrevistou a xente da cultura, da economía e da sociedade da cidade olívica. Tamén traballou varias temporadas como correspondente deportivo en Vigo para a Agencia EFE, seguindo a actualidade do Celta e asinando as crónicas dos seus partidos en Balaídos, entre outros traballos.
Agora dedícase á política municipal na súa cidade como concelleiro. Vive en Bouzas, afastado, o que pode, das redes sociais, e no tempo libre ve cine e escribe. Mururoa é a súa primeira novela publicada.