María Mariño faleceu o 19 de maio de 1967. En 2007 dedícaselle o Día das Letras Galegas, corenta anos despois da súa morte e cando se celebra tamén o centenario do seu nacemento.
María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) chega no ano 1947 a Parada do Courel, onde coñece ao poeta Uxío Novoneyra, circunstancia que provocará o xurdimento dunha das voces máis sorprendentes da lírica galega. No ano 1963 publica, cun limiar de Otero Pedrayo, o libro Palabra no tempo, despois escribirá os versos que compoñen Verba que comenza(1990), publicado postumamente.