Xaquín Marín é dos autores máis clásicos das viñetas galegas. Desde o inicio da súa carreira ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como “”Dos pés á testa”. Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen “Teima”, “A Nosa Terra”, “El Ideal Gallego”, “Das Kapital”, “Can sen dono”, “A ameixa cacofónica”, “Diario16”, “La Codorniz” e “Hermano Lobo”. Colaborou regularmente coa revista “Golfiño” nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da lingua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición “Humor Cru” e participando no álbum de cómic “H2Oil” (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.