Mallo, Patricia

Patricia Mallo
Mallo, Patricia

(Vigo, 1985). Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e acadou bolsas para estudar e traballar en países como México, Italia, Reino Unido e a India.
A súa traxectoria profesional desenvolveuse en sectores como a prensa, a márketing online e relacións internacionais. Ao tempo, fixo múltiples cursos de escritura creativa, guións, interpretación, e improvisación teatral.

Tras escribir e producir a curtametraxe ¿Amigos?, debuta en 2016 coa novela infantil Os Cabezombis na Mansión Espello onde mestura os seus temas preferidos: humor, misterio e fantasía. En 2018 gaña o Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro con Os fantom.

As súas obras

Os Cabezombis na Mansión Espello
Os Cabezombis na Mansión Espello
14.90€ CON IVE
Os Fantom
os-fantom
13.00€ CON IVE
Os peloteiros
os-peloteiros
14.00€ CON IVE