Naceu en 1961 no seo da familia dun antigo xefe dunha tribo nuosu. Autor de máis de corenta publicacións de poesía e prosa traducidas a vinte linguas de dentro e fóra da China. Distinguido coa Medalla do Memorial Shólokhov da Asociación de Escritores Rusos (2006), a Acreditación especial en poesía da Asociación de Escritores Búlgaros (2012), o Título de honra pola Universidade Nacional de Trujillo (Perú), o Premio Humanitario Mkiva en Sudáfrica (2015) e a Medalla Europea Homero da Poesía e das Artes (2016). É presidente da Asociación de Escritores Étnicos Chineses e vicepresidente da Asociación de Escritores da China.