Naceu na Coruña, no barrio de Beiramar. A carón da súa casa estaba o mar, e a súa presenza tíñaa facinada xa desde moi nena, mais nunca foi quen de aprender a nadar. Iso sí, fartouse de comer percebes, cando os percebes case eran tan baratos coma os flocos de millo.
Aos catro anos, por mor do traballo do seu pai, marchou vivir a Vilalba. Cambiaba o mar herculino polo río Madalena, no que nunca se lle ocorreu nin meter a punta dos pés. A auga estaba tan fría, que os seus amigos saían todos morados despois do baño. Nesta vila pasou parte da súa infancia e adolescencia, para logo regresar á Coruña, onde reside actualmente.