Álvarez Cáccamo, Alfonso

alfonso
Álvarez Cáccamo, Alfonso

Naceu en Vigo en 1952 e finou en Nigrán en 2024. É mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético e sorprendente, procede dunha das familias máis literarias de Galicia. Neto, fillo, irmán e curmán de creadores, el mesmo é un dos nomes máis recoñecidos da narrativa galega actual, como o demostra a súa cumprida bibliografía literaria e os premios que por ela ten acadado. En 1988 obtén o Premio Café de Catro a Catro coa novela curta Peito de vimbio. En 1990 gañou o Premio Xerais con As baleas de Eduardo Reinoso, texto co que inicia unha liña de narrativa baseada no recurso do humor, liña que continua na colección de relatos O eco de Ramallón (1992). Con Xente de mala morte (1993), oito contos vencellados polo tema do suicidio e polo ton humorístico co que está tratado, resulta gañador do Premio Álvaro Cunqueiro; en 1996 acadou o Premio García Barros coa novela O espírito de Broustenac. En O bosque de Levas realiza unha actualización narrativa da historia volvendo empregar o recurso humorístico como forma de relativización e crítica da realidade.

As súas obras

O bosque de Levas
bosque levas
20.00€ CON IVE
A revolución dos globos
globos
16.50€ CON IVE
Xente de mala morte
9788471548900
esgotado