Naceu en Tui en 1919. Dende 1942 ata o seu falecemento en 1988 residiu en Vigo. Xunto aos seus irmáns Álvaro e Xosé María fundou Edicións Castrelos, unha das iniciativas máis importantes da edición en galego no franquismo. Participou tamén na fundación de Galaxia, onde creou a colección «Salnés».
Iniciouse na escritura na publicación escolar Tude, que dirixía Xesús Ferro Couselo. En castelán escribiu xunto ao seu irmán Xosé María a peza teatral Los pazos altivos. En lingua galega é autor de Poemas de ti e de min e do poemario O tempo desancorado (poemas para María Blázquez), publicado no ano da súa morte.