Anxo Lugilde (Lugo, 1970) é correspondente en Galicia de La Vanguardia e cronista político de El Progreso e Diario de Pontevedra. Comezou a súa carreira profesional en La Voz de Galicia, diario no que se especializou en información política e emigración galega a Latinoamérica. É autor dos libros Argentina, el drama de la quinta provincia e Fraga después de Fraga.