Loureiro, Carlos

Carlos-Loureiro-196x220
Loureiro, Carlos

(Callobre, A Estrada, 1957), licenciado en Filoloxía Románica, foi profesor de Lingua Galega e editou as obras literarias de García Barros Aventuras de Alberte Quiñoi, Contiños da Terra, Enredos, Dos meus recordos e Carta da Habana, ademais de A pluma insubmisa. Ensaios inéditos e Estampas desde o val. Artigos xornalísticos. 1901-1063, que recollen os seus traballos ensaísticos e xornalísticos. Editou tamén obras de Varela Buxán e Antón Losada Diéguez, publicou o Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004) e coordinou obras de poesía e narrativa, ademais de formar parte do xurado de varios premios literarios.

As súas obras

Enredos
foto
esgotado
Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento
9788491516187
11.90€ CON IVE