áfrica lópez souto (A Coruña, 1966). Actualmente é profesora de Filosofía no IES Urbano Lugrís de A Coruña. Escribiu libros sobre Concepción Arenal (Baía, 2004) e Simone de Beauvoir (Baía, 2008). Tamén é autora da unidade didáctica sobre a película Concepción Arenal, a visitora de cárceres (Xunta de Galicia, 2014) e realizou a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir (Xerais, 2008). Ademais, é autora de numerosos artigos filosóficos e recensións. Doutourouse en Filosofía no ano 1999 cunha tese titulada “O individuo na filosofía de Michel Foucault”.
Por outra banda, durante anos dedicouse a traballos de cooperación para o desenvolvemento, tanto no exterior (en Bolivia) como en Galicia.