(Lugo, 1942 – Valencia, 2022) Con catorce anos xa colaboraba en El Progreso. Foi un dos fundadores da revista Escritos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con escritores como Novoneyra, Xohana Torres e García-Bodaño, e con destacadas figuras do galeguismo, como Otero Pedrayo, García-Sabell e Ramón Piñeiro.
Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Letras.