(Boimorto, 1967). É humorista gráfico nas páxinas de La Voz de Galicia, actividade pola que recibiu galardóns como o Haxtur de Humor ou o Premio Mingote.
Na súa faceta de escritor presta especial atención á literatura infantil. Neste eido, a súa obra mereceu, entre outros, o Premio Merlín, o Raíña Lupa e o Xosé Neira Vilas, así como a inclusión en dúas ocasións na selección anual The White Ravens da Inrternationale Jugendbibliothek de Munich.