Nora Longhini (Temperley, Buenos Aires, 1944), filla de galegos e licenciada en Letras pola Universidade Nacional de Lomas de Zamora, foi profesora especialista en Literatura Contemporánea. Os seus traballos de investigación atinxen autores varios, dende William Shakespeare e Samuel Beckett a Julio Cortázar, Jorge Luis Borges ou Roberto Arlt. En 2003 publicou Buenos Aires na obra de Neira Vilas (Ediciós do Castro).