María Lires (A Coruña, 1973), ilustradora e agora tamén escritora, preséntase con estas palabras:
«Din que hai nenos que veñen cun pan baixo do brazo… Eu traía unha caixa de pinturas coas que ben cedo comecei a debuxar a miña versión persoal do mundo.
Agora, dende o meu estudio ateigado de libros e pinceis, sigo a xogar debuxando a miña versión persoal dos textos de escritores e amigos coma Vazquez Pintor, Perozo, Susana Lamela, Neira Cruz, Montse Varela, Susa Herrera…
Veño de publicar nesta editorial Bechos pequerrechos, o meu primeiro libro como autora amais de ilustradora.
Debuxar é a miña paixón. Iso e camiñar baixo as arbores á procura dalgunha criatura que atrapar nun novo libro».