Landa, Mariasun

landasarrera
Landa, Mariasun

Naceu en Rentería, Guipúscoa, en 1949. É unha das escritoras máis destacadas da literatura infantil e xuvenil en lingua éuscara. A súa traxectoria abrangue máis de vinte anos. Polos seus libros para nenos e mozos foi galardoada cos principais premios da literatura infantil en lingua vasca. Os libros de Mariasun Landa están traducidos a unha ducia de linguas estranxeiras e a todas as do Estado, incluída a galega, con libros aparecidos en Editorial Galaxia, como Irma ou A tenda da Pepa. Con Un crocodilo debaixo da camaacadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2003, sendo a primeira vez na historia deste galardón que se recoñece un libro escrito en vasco.

As súas obras

Chan, a pantasma
chan
9.60€ CON IVE
Un crocodilo debaixo da cama
un cocodrilo debaixo
15.35€ CON IVE