Nacido en Aduna, Guipúzcoa en 1956, é doutor en Filoloxía Vasca. A súa experiencia docente en colexios de primaria e institutos permitiule un longo e estreito contacto coa mocidade. A maior parte da súa obra literaria, escrita en éuscaro e integrada por máis de vinte títulos de poesía e narrativa, está destinada ao público novo e varios dos seus libros foron traducidos ao castelán, o catalán e o galego, como Helena e o solpor.