Hai xa 20 anos que cambiou a súa profesión de avogado polo cinema de animación. Desde aquela traballou en produtoras como Dygrafilms (O soño dunha noite de San
Xoán, O espírito do bosque), IllionAnimation Studios (Planet 51, Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo, El Parque Mágico) ou Bren Entertainment-Filmax (La gallina Turuleca).
Tamén realizou varias curtametraxes (como Maruxiña, meu amor, con gran cantidade de nomeamentos en festivais nacionais e internacionais) nas que encárgase de practicamente todos os procesos: deseño, guión, dirección, modelaxe, texturizado, animación, posprodución, son etc
Actualmente traballando nunha longametraxe de animación para Netflix e tamén dando vida en 3D ao Floreano de Gogue.
O seu primeiro álbum infantil, O monstro e a nena, naceu como un xogo co seu fillo Sergio durante o confinamento polo coronavirus.
O que lle apaixona a este home orquestra é contar historias…
Biografía Sergio Costas Chaos
O monstro e a nena é o seu primeiro álbum, pero é normal porque só ten 7 anos (5 cando se lle ocorreu a aventura). Cursa estudos no colexio San Martiño de Pontevedra e gústalle ler, debuxar, construír, imaxinar historias…